Este ano a realizaremos a Campaña de Samaín que, como gran novidade, contará cun “Concurso de Cabazas”.
Poderán participar todas as persoas que queiran, independentemente da súa idade. Os participantes terán que entregar as súas cabazas no local de ACOE dende o día 24 ata ó 28 de outubro ás 14:00.
As cabazas serán expostas na rúa Irmáns Valladares nº 9 nas seguintes datas e horarios:
• Día 28 – de 17:00 a 21:00
• Día 29 – de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
• Día 30– de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
• Día 31– de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
O día 31 as 20:00 levarase a cabo a elección das 3 cabazas gañadoras por parte dun xurado formado por representantes das asociacións mais representativas do pobo así como dos diversos partidos políticos.
Haberá 3 premios o 1º de 500€, o 2º de 300€ e o 3º de 100€.
Actividades do venres día 28
O día 28 realizaranse 3 actividades:
1. Taller de manualidades para nenos
Este taller realizarase na Sala Abanca as 17:00 para os nenos e nenas.
2. Bailes temáticos polas rúas
As distintas escolas de baila do pobo realizarán un baile pola rúa Calvo Sotelo entre as 18 e 19 horas.
3. Truco ou Trato
@s nen@s poderán ir disfrazad@s e entrar nos comercios participantes dicindo “Truco ou Trato” e o comerciante elixirá “Trato” e pechará o trato ofrecéndolle os caramelos.